O Concello reforza o apoio a autónomos e empresas co programa Vigo Emprende
luns, 31 ago 2026O alcalde informou de que o servizo municipal prestou 2.541 servizos de asesoramento e colaborou con 590 proxectos e negocios desde novembro de 2023
O alcalde informou de que o servizo municipal prestou 2.541 servizos de asesoramento e colaborou con 590 proxectos e negocios desde novembro de 2023
O Informe 2026, presentado hoxe, analiza a evolución anual de 44.726 empresas galegas e os resultados amosan que non só medran senón que melloran a súa capacidade de xerar valor.
Abel Caballero anuncia novas axudas para proxectos de investigación e para o programa de agricultura ecolóxica "Verdear" da asociación Alborada.
O alcalde participou este venres na inauguración institucional do VII Festival ARVI do Peixe que se desenvolve ata este domingo, 12 de xullo, nos xardíns de Montero Ríos.
Durante a clausura do encontro, organizado por Anfaco-Cytma, o Círculo de Empresarios de Galicia e a Alianza Q-Cero, da que forma parte Iberdrola e que promove a descarbonización en España, Abel Caballero felicitou á organización e explicou que unha parte importante da enerxía verde que emprega o Concello é verde, como ocorre cos ascensores ou as ramplas mecánicas: "É o noso compromiso co que sucede; compartimos o voso traballo" e avanzou que seguirá apostando pola eficiencia enerxética e o consumo responsable. A xornada contou coa participación do sector empresarial do mar-industria, da acuicultura, da pesca, da loxística portuaria, da refrixeración e da xestión da pegada de carbono. Serviu para debater e analizar os principais retos e oportunidades da descarbonización no ámbito da bioeconomía azul, con atención á sostibilidade, á eficiencia enerxética e á transición cara modelos produtivos máis competitivos e respectuosos coa contorna.
Abel Caballero participou esta mañá na apertura da xornada “Vigo+Sostible” organizada en dependencias da Zona Franca onde relatou os avances que experimentou a cidade nos últimos anos en materia de sostibilidade e medio ambiente. Acompañado por David Regades, delegado do Consorcio e Héctor Prego, presidente da Asociación Española do Automóbil Ecolóxico, o alcalde inaugurou un foro que reuniu a administracións, empresas e axentes do sector para presentar solucións de transición enerxética, innovación ambiental e mobilidade sostible.
Abel Caballero participou este mércores na inauguración da II edición de Stonegal, a feira internacional de referencia para o sector da pedra natural que reúne desde hoxe e ata o venres no IFEVI a 150 expositores coa presenza de empresas, profesionais e representantes nacionais e internacionais vinculados a toda a cadea de valor. O alcalde puxo en valor a “idea brillante” de organizar un “gran congreso” arredor da pedra, que “representa a forma de entender o que fomos coa modernidade do século XXI”. Así expuxo que “Vigo é a cidade da pedra” desde o momento no que construíu as as súas murallas de pedra, “como forma de vida e defensa” ata agora, na modernidade, cando a pedra segue sendo a protagonista na configuración do espazo urbano. “Humanizamos 700 rúas con pedra, verde e flores e así pisamos un granito excepcional, que enlaza co que somos” e citou como exemplo a Porta do Sol que era de asfalto e hoxe, sen coches, é unha praza con solo de granito recuperada como espazo cultural para a cidadanía.
O alcalde presentou esta mañá os soportes informativos dixitais instalados en quince zonas da cidade que emiten, de forma constante, datos das distintas iniciativas municipais.
O Concello de Vigo e a Cámara de Comercio cooperan na iniciativa que facilita cursos de capacitación para a inserción laboral de mozas e mozos entre 16 e 29 anos que carecen de estudos e buscan emprego.
450 persoas de toda Galicia xa están inscritas para participar na Gala de entrega dos galardóns que se celebrará o 4 de xuño no Auditorio Mar de Vigo. Caballero eloxia uns premios que “recoñecen a excelencia empresarial da área de Vigo".