O Concello de Vigo continúa dando pasos para a transformación integral da Praza de España e da súa contorna. O goberno municipal iniciou a tramitación dos estudos de detalle das zonas 1 e 2, que permitirán ordenar novos espazos públicos, ampliar as zonas verdes e mellorar a conexión entre a praza e as rúas próximas. Ademais, o Concello vén de aprobar a convocatoria dun concurso de proxectos para definir a futura imaxe urbana da Praza de España.
Unha resolución publicada este luns no Boletín Oficial do Estado exime o Concello de Vigo de solicitar o informe previo da Axencia Estatal de Seguridade Aérea para autorizar determinadas construcións e instalacións. A medida, de aplicación inmediata, permitirá simplificar e reducir os tempos de tramitación das licenzas urbanísticas.
Abel Caballero anunciou esta mañá que a Xerencia de Urbanismo aprobará o martes 21 de xullo o proxecto de expropiación dos terreos para construír o centro docente musical .
O alcalde e presidente da Fundación ProVigo, Abel Caballero, inaugurou este mércores o III Debate da entidade, dedicado a "Deseñar a cidade do futuro (Parte I): Urbanismo, innovación e sustentabilidade". Na xornada participaron tamén a cuarta tenente de alcalde e responsable da Área de Urbanismo e Vivenda, María José Caride; o presidente da Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Manuel Martínez Carazo; e a directora de Innovación para Mercados Estratéxicos de Gradiant, Antía Fernández López.Durante a súa intervención, o rexedor reivindicou os máis de vinte anos de transformación urbana de Vigo e defendeu o PXOM como "o elemento diferencial" para afrontar os retos da segunda metade do século, incorporando desafíos como o cambio climático, a innovación tecnolóxica e o acceso á vivenda. "Queremos liderar a transformación das cidades da segunda metade do século", sinalou Caballero, quen apostou por un modelo urbano propio e diferencial para responder ás novas necesidades da cidadanía.
Abel Caballero anunciou este martes o inicio do estudo de detalle entre as rúas Pizarro e Porto Rico, zona 3 do ámbito. “Isto non hai quen o pare”, afirmou.
O alcalde instou á Xunta a pactar as condicións do desenvolvemento do Proxecto de Interese Turístico do Ofimático coas persoas afectadas. Explicou que o centenar de familias afectadas ten dereito a compensacións económicas axeitadas e a estar informadas con antelación suficiente.
O alcalde anunciou esta mañá que a Xerencia de Urbanismo concedeu autorización para que APAMP amplíe as súas instalacións, gañando case 320 metros cadrados cunha reforma que conta cun orzamento de máis de 300.000 euros.