Volven as visitas guiadas para escolares nos museos municipais

mércores, 9 set 2026

O Concello retoma este curso o programa de visitas guiadas á rede dos museos municipais dirixido a escolares de todas as etapas educativas. Desde o luns 14 ao mércores 30 de setembro, os centros educativos interesados en participar no programa cultural, que inclúe desprazamentos gratuítos en autobús, poderán inscribirse para participar na actividade didáctica, incluídos o programa Concello Educa, que terán lugar no Museo Quiñones de León e no CMAG Vigo-Casa das Artes.

O alcalde asiste á apertura do curso do curso universitario de Galicia na UVigo

martes, 8 set 2026

Abel Caballero asistiu este martes ao acto de apertura oficial do curso académico acompañando á comunidade universitaria no inicio do novo curso. A cita celebrouse na UVigo coa presenza de representantes da institución académica e doutras autoridades, nun dos principais actos institucionais cos que a Universidade dá comezo ao novo período académico.

Caballero insta á Deputación reeditar o convenio de 2016 para apoiar os voos de Peinador

luns, 7 set 2026

O Pleno aprobou este luns, con 17 votos a favor do grupo socialista e 8 en contra, de Partido Popular e Bloque Nacionalista Galego, a moción que insta á Deputación e á Xunta a asumir cada unha un terzo do custo das novas contratacións de voos desde o aeroporto de Vigo. Abel Caballero censurou o voto contrario e defendeu un modelo de financiamento compartido entre as tres administracións.

O alcalde traslada a cooperación municipal á Cámara de Comercio de Vigo

venres, 4 set 2026

Abel Caballero reuniuse este venres con José García Costas e con Víctor Varela, presidente e director xerente da Cámara de Comercio de Vigo, respectivamente, para abordar a continuidade da cooperación entre o Concello e a organización que aglutina a empresarios, comerciantes e profesionais da cidade co obxectivo de "dar impulso económico á urbe". O rexedor trasladoulles a colaboración municipal nos proxectos que desenvolven no marco da "relación fluída" entre ámbalas entidades.

O alcalde pon en valor a investigación e a autonomía da universidade

martes, 1 set 2026

Abel Caballero participou este martes na inauguración de SIHDA 2026, o 79 Congreso da Sociedade Internacional Fernand de Visscher para a Historia dos Dereitos da Antigüidade que durante catro xornadas reunirá na cidade a 200 especialistas e poñentes de todo o mundo. Nesta cita reflexionarán sobre a presenza, o papel e a representación xurídica das mulleres nas sociedades antigas. Na súa intervención, o rexedor puxo en valor o dereito romano como base para o desenvolvemento posterior das normas xurídicas que foron avanzando, cos tempos, e incorporando as mulleres e os seus dereitos e liberdades.

Caballero inaugura a XIX Festa do Marisco e convida a gozar “do mellor marisco do mundo”

venres, 28 ago 2026

Abel Caballero inaugurou este venres a XIX Festa do Marisco de Vigo, que se celebra durante oito xornadas, do 27 ao 30 de agosto e do 3 ao 6 de setembro. O alcalde convidou vigueses e visitantes a achegarse á cita gastronómica, que prevé reunir a máis de 50.000 persoas e que serve tamén para poñer en valor un sector estratéxico para a economía da cidade. “Esta é a festa do mellor marisco do mundo, porque todo o marisco que se está tomando aquí é de Vigo, é da ría de Vigo”, destacou Caballero durante o acto inaugural, no que animou a “toda Galicia” a participar nunha celebración que combina gastronomía e encontro social. O acto contou coa participación de representantes de ACOPEVI, Zona Franca de Vigo, Autoridade Portuaria e Xunta de Galicia, e tivo como pregoeira á actriz Arantxa Treus. “Viva a Festa do Marisco e viva Vigo”, concluíu o alcalde.