Vigo abre unha nova convocatoria de espectáculos para setembro e outubro

martes, 25 ago 2026

O Concello de Vigo abriu unha convocatoria pública para seleccionar novas actuacións artísticas e musicais que se celebrarán durante os meses de setembro e outubro na Porta do Sol e noutras localizacións da cidade. O obxectivo é conformar unha nova programación de eventos, cun escenario que acollerá durante varios días os espectáculos seleccionados.

Caballero participa na celebración de San Bartolomeu

luns, 24 ago 2026

O alcalde asistiu este luns á tradicional festa de San Bartolomeu, unha das celebracións máis singulares da cidade. O rexedor achegouse ata a capela do Monte Alba, onde ao longo da xornada se suceden as misas e numerosos asistentes cumpren coa tradición de pedir ao santo que lles “espante os medos” mediante os característicos golpes coa figura na cabeza. A celebración complétase coas tradicionais poxas nos arredores da capela e coa música tradicional, mantendo viva unha das costumes máis arraigadas do calendario festivo vigués.

O Concello destina 510.000 euros a apoiar 86 festas de Vigo

luns, 24 ago 2026

As axudas municipais respaldan durante todo o ano festas patronais e tradicionais, citas gastronómicas, culturais e musicais e actividades organizadas polo tecido asociativo. O alcalde reivindicou as festas como parte da cultura da cidade e asegurou que desde o goberno municipal “estamos apoiándoas como nunca se fixo na historia”.

Máis de 600.000 persoas fixeron de Castrelos 2026 o verán con máis actividade da súa historia

mércores, 19 ago 2026

O Auditorio de Castrelos pechou este domingo unha programación de verán histórica, con 19 xornadas de apertura e máis de 600.000 asistentes entre grandes concertos, espectáculos líricos e infantís e as retransmisións dos partidos da selección española no Mundial. A programación rematou cunha fin de semana inédita de tres días consecutivos de música durante a ponte de San Roque. Abel Caballero destacou o éxito dun modelo baseado na calidade da programación e no acceso gratuíto ou a prezos reducidos, e avanzou que o Concello xa traballa no Vigo en Festas de 2027.

Vigo celebra a Romaría de San Roque

venres, 14 ago 2026

O alcalde convidou á cidadanía a gozar e compartir estes días coa familia e amizades no barrio vigués, tamén o luns 17 de agosto que é a festividade local. A ocupación hoteleira para a fin de semana chega ata o 95% na noite do venres.

The Corrs chega esta noite a Castrelos cun concerto histórico

martes, 11 ago 2026

A banda irlandesa The Corrs actuará esta noite, ás 22:00 horas, no Auditorio de Castrelos nun dos grandes concertos da programación de verán de Vigo. Abel Caballero destacou a traxectoria internacional do grupo e puxo en valor o modelo municipal que permite gozar gratuitamente en Castrelos de actuacións que noutras cidades alcanzan prezos superiores aos cen euros.

Caballero achégase ás festas de San Lourenzo en Coruxo

luns, 10 ago 2026

O alcalde asistiu este luns ás festas de Coruxo para compartir cos veciños e veciñas a tradicional sesión vermú, amenizada por A Buxaina e a Unión Musical de Coruxo. O rexedor participou no ambiente festivo dunha xornada que contou tamén cos actos relixiosos, a procesión acompañada pola Coral Anduriña de Coruxo, a tradicional sardiñada e unha tirada de fogos. Pola noite haberá verbena ao cargo do trío Azar e a orquestra Ocaband