Escoitar

Vigo celebra a Romaría de San Roque

O alcalde convidou á cidadanía a gozar e compartir estes días coa familia e amizades no barrio vigués, tamén o luns 17 de agosto que é a festividade local. A ocupación hoteleira para a fin de semana chega ata o 95% na noite do venres.

venres, 14 ago 2026

O barrio de San Roque estará de festa esta fin de semana. O Goberno local inviste 38.000 euros nestas festas, que rematarán o luns. A romaría de San Roque é unha das máis tradicionais e antigas de Galicia.

Con toda a actividade municipal, Vigo rexistrará unha ocupación hoteleira do 95% este venres, para o sábado está previsto o 93% de ocupación das prazas dos hoteis de Vigo e o domingo superará o 86%, a falta das reservas de última hora.

Descargar todas as imaxes