xoves, 13 ago 2026
A Xunta de Goberno Local aprobará este venres a licitación das obras de renovación dos vestiarios e instalacións do campo de fútbol da Bouza, en Coia, cun investimento de 1.446.764 euros e un prazo estimado de execución de cinco meses. A actuación forma parte do plan municipal para modernizar os vestiarios de nove campos de fútbol da cidade, ao que o Concello destina preto de 8,5 millóns de euros.
xoves, 13 ago 2026
O alcalde remitiu unha carta á secretaria de Estado de Turismo para solicitar apoio ás futuras conexións do aeroporto de Vigo con Londres e París e pediu unha reunión para abordar a colaboración. Abel Caballero lamenta que Vigo non conte xa con estas rutas internacionais “porque a Xunta aínda non respondeu á petición de financiar a terzos novos destinos”.
xoves, 13 ago 2026
O evento celebrarase durante oito días, nas fins de semana do 27 ao 30 de agosto e do 3 ao 6 de setembro, aumentando así o número de xornadas para gozar deste manxar do mar.