Escoitar

Castrelos pecha o verán cunha "traca final" de tres días consecutivos de concertos

O Auditorio de Castrelos encara a recta final da programación musical deste verán cunha fin de semana inédita de tres días consecutivos de concertos. Viva Suecia actuará este venres, Iván Ferreiro subirá ao escenario o sábado e o domingo o FNAC Live Vigo porá o broche final cunha homenaxe á escena musical galega.

venres, 14 ago 2026

“Concluímos as actuacións de Castrelos cunha gran traca final: un concerto hoxe, outro mañá e outro o domingo. Nunca o fixeramos así”, destacou Abel Caballero, quen avanzou que o Concello fará o luns balance dunha programación que cualificou como “o Castrelos máis importante da historia de Vigo”.

A primeira cita será esta noite con Viva Suecia, unha das bandas de referencia do indie español, que chega á cidade coa súa xira Hecho en tiempos de paz. O alcalde anticipou “un concerto sensacional” e unha elevada afluencia de público. O grupo murciano alcanzou o número un de vendas y el Disco de Platino con su cuarto trabajo, El amor de la clase que sea.

O sábado será a quenda de Iván Ferreiro, que celebrará en Castrelos os seus 35 anos de carreira musical coa xira Hoy X Ayer. O espectáculo percorre a súa traxectoria desde a etapa de Los Piratas ata o seu repertorio en solitario, recuperando cancións que marcaron diferentes momentos da música española. “É un músico, cantante, intérprete e compositor fóra de serie”, salientou Caballero.

A última actuación do verán chegará o domingo co FNAC Live Vigo, que comezará ás 19:15 horas e reunirá no escenario a Bea Fernandes DJ, Eladio y los Seres Queridos, Fillas de Cassandra e The Rapants. Será a primeira edición en Vigo dun evento que tamén se desenvolve en cidades como París, Lisboa, Madrid ou Barcelona.

Bea Fernandes DJ abrirá a xornada antes das actuacións de Eladio y los Seres Queridos, Fillas de Cassandra e The Rapants, tres propostas representativas de diferentes xeracións e estilos da música galega.

“É unha gran homenaxe á escena musical galega e unha forma extraordinaria de pechar Castrelos”, afirmou o alcalde, que destacou unha fin de semana final coa que Vigo culminará máis dun mes de grandes actuacións no auditorio municipal.

Descargar todas as imaxes