As reservas para o concerto de Molotov en Castrelos sairán á venda o 7 de xullo

martes, 30 xuñ 2026

O Concello porá á venda o vindeiro martes as 5.000 reservas para o concerto que a banda mexicana ofrecerá no auditorio de Castrelos o xoves 16 de xullo ás 22:00 horas. Amais, o alcalde explicou que o Concello contactou co representante de Deep Purple para propoñerlles que o concerto deste xoves 2 de xullo se atrase unha hora e poida comezar ás 23:00 horas, xa que coincide co partido da selección española no Mundial.