Escoitar

“El Payaso Tallarín” chegará o 3 de agosto a Castrelos como terceiro concerto infantil

O alcalde convidou a todas as nenas e nenos de Vigo a achegarse a Castrelos o luns 3 de agosto para gozar do Payaso Tallarín. Trátase do terceiro espectáculo infantil previsto este verán.

xoves, 21 mai 2026

O luns 3 de agosto chegará a Castrelos “El payaso Tallarín. Su gran circo”. O protagonista e a súa tropa de pallasos divertidos e soñadores, descubrirán que non fai falta unha carpa xigante nin animais exóticos para lograr un circo espectacular. Será, dixo o alcalde, un concerto musical cheo de cancións, risas e acrobacias.

A historia transcorre coa preparación dunha festa de graduación da escola do circo e, entre preparativos e adestramentos circenses, a trama vaise desenvolvendo ao ritmo dos éxitos de CantaJuego.

Esta confirmación súmase a:

Deep Purple - 2 de xullo
La gran aventura del Pollo Pepe – 6 de xullo
Coral Casablanca - 18 de xullo
Ópera Carmen - 24 de xullo
Chayanne - 30 de xullo
As noites de Zarzuela - 1 de agosto
El Payaso Tallarín – 3 de agosto
Abraham Mateo – 7 de agosto
Ópera Nabucco - 9 de agosto
The Corrs - 11 de agosto
Viva Suecia - 14 de agosto
Iván Ferreiro - 15 de agosto

Fnac Live Vigo: The Rapans, Fillas de Casandra, Eladio y los Seres Queridos, Bea Fernandes DJ - 16 agosto

 

Descargar todas as imaxes