Escoitar

O Concello acomete os traballos finais na estrada Clara Campoamor

O alcalde informou este mércores da evolución da obra de humanización da estrada entre as rotondas de Ramiro Pascual e o Hospital Álvaro Cunqueiro. Quedaron rematados xa os traballos de asfaltado de varias rúa do barrio de Casablanca.

mércores, 20 mai 2026
Foto de arquivo dunha visita do alcalde á obra
Foto de arquivo dunha visita do alcalde á obra

As obras de humanización da estrada Clara Campoamor, entre as rotondas de Ramiro Pascual e do Hospital Álvaro Cunqueiro, teñen un orzamento de 1.232.000 euros e están executándose xa os traballos finais de aglomerado do firme.

O Goberno municipal renovou a calzada e instalou beirarrúas en medio quilómetro da vía, poñendo fin á situación que obrigaba aos peóns a “circular polas beiravías”, polo que Caballero considera “tan importante” esta actuación”. Amais quedan renovadas as redes de servizos, de saneamento, de abastecemento de auga, de iluminación pública, de distribución da enerxía eléctrica e instalouse unha nova rede de drenaxe. Censurou o rexedor que a Xunta non se responsabilizara desta obra, que é da súa competencia, por esta nos accesos ao centro hospitalario.

Asfaltados
O Concello rematou xa os traballos de asfaltado das rúas Brasil, Cuba, Guatemala e Santo Domingo, que supuxeron un investimento de 105.700 euros, e que, nestes momentos, xa están “en perfectas condicións para a súa utilización”, explicou Caballero.

Descargar todas as imaxes