Escoitar

Abel Caballero: “Vigo quere a Navalia, a maior feira do naval de Europa”

O alcalde destacou este martes a proxección da Feria Internacional da Industria do Naval de Vigo no acto de inauguración da cita que reúne no Ifevi a máis de 500 empresas e 1.000 marcas de todos os continentes.

martes, 19 mai 2026

O alcalde renovou hoxe ante os directivos de Navalia o apoio do Concello de Vigo para propiciar a súa continuidade, tanto se mantén o seu actual carácter de feria bianual como se pasa a ser anual, polo transcendente ecosistema industrial e de xeración de riqueza e emprego que xera o sector do naval en Vigo e en Galicia. “Empecemos a pensar en máis cousas que teñen que suceder”, apuntou o rexedor ao presidente da feira, José García Costas, en relación coa cita centrada na “importancia do naval, do transporte marítimo, da Armada, e de todos os vectores que hoxe van en liña, e dos que máis me importa é a enorme cantidade de valor engadido e de emprego que xera pola enorme cantidade de tecnólogas e tecnólogos que están imbricados neste gran desenvolvemento”.

O rexedor recordou a importancia para a industria de Vigo da posta en marcha da alta tensión eléctrica, así como a aprobación do PERTE do naval. “En Vigo temos o núcleo de estaleiros privados máis importantes de Europa, que saíu da capacidade das empresas da cidade”. Tamén valorou a figura do presidente de Navalia, José García Costas, a quen este ano o Concello distinguiu coa Medalla de Ouro da Cidade de Vigo. “Nesta cidade recoñecemos sempre os esforzos que os cidadáns fan polo benestar común de Vigo e da economía”, apuntou.

Amais, trasladou a súa felicitación ao sector do metal polo acordo alcanzado sobre o convenio entre os sindicatos e os empresarios para os próximos anos. 

Descargar todas as imaxes