Escoitar

Castrelos acollerá unha versión musical de "El traje del emperador" o 20 de xullo

O alcalde anunciou hoxe o que será o segundo concerto infantil para este verán. O 20 de xullo as nenas e os nenos de Vigo poderán gozar de El traje del emperador, unha versión do conto de Hans Christian Andersen.

martes, 19 mai 2026

O luns 20 de xullo chegará a Castrelos unha adaptación musical do conto clásico de Hans Christian Andersen, El traje del emperador. A adaptación transforma a fábula tradicional nunha divertida obra de teatro que contará cunha coidada escenografía.

Esta segunda actuación infantil en Castrelos durará 50 minutos con catro actores que interpretan oito cancións orixinais de música pop glam.

Esta confirmación súmase a:

Deep Purple - 2 de xullo
La gran aventura del Pollo Pepe – 6 de xullo
Coral Casablanca - 18 de xullo
Ópera Carmen - 24 de xullo
Chayanne - 30 de xullo
As noites de Zarzuela - 1 de agosto
Abraham Mateo – 7 de agosto
Ópera Nabucco - 9 de agosto
The Corrs - 11 de agosto
Viva Suecia - 14 de agosto
Iván Ferreiro - 15 de agosto

 

Descargar todas as imaxes