Escoitar

O Concello e Mayeusis ofrecen 35 espectáculos no ciclo “Conexións”

A cuarta temporada deste programa de arte na rúa evoluciona a un formato escénico multidisciplinar incorporando a danza e o teatro á música. Desenvólvese desde este martes ata finais de setembro.

martes, 19 mai 2026
Momento da presentación
Momento da presentación

Abel Caballero participou esta mañá na presentación da cuarta temporada do Ciclo Conexións de Mayeusis que desde hoxe e ata finais de setembro ofrecerá 35 espectáculos en diferentes formatos. Participaron tamén Carmela Silva, primeira tenente de Alcadía; Gorka Gómez, edil de Cultura; Lucas Alonso, director de Mayeusis; e Marga Macías, xefa de administración de Mayeusis .

Para o alcalde o ciclo “Conexións” é un “evento imprescindible na cidade. Ao ir paseando atopas os músicos en calquera ámbito; é unha forma de enraizar a música en Vigo”, sinalou ao explicar que os 35 espectáculos do programa deste ano poderán gozarse en diferentes formatos: cámara (2 a 5 artistas), grupo (6 a 12 artistas) e gran formato (de 12 a 50 artistas).

Destacou o rexedor a “presenza nos barrios” da cidade dun programa de arte na rúa que ademais de música incorpora danza e teatro e que se desenvolverá en 25 espazos diferentes: prazas, rúas, espazos históricos para poñer en valor o patrimonio, igrexas románicas, barrios… en horario de mañá e de tarde.

Conexións celebrará cinco tipos de programas artísticos: clásico, folk – tradicional, jazz e música moderna, danza e artes escénicas e espectáculos Conexións para chegar a diferentes públicos desde diferentes lugares e en diferentes tempos.

Os espectáculos que non poidan desenvolverse na rúa por condicións meteorolóxicas adversas trasladaranse ao Auditorio de Mayeusis.

Momento da presentación
Descargar todas as imaxes