Escoitar

Vigo súmase de novo á campaña internacional “Love Your Local Market” para impulsar o comercio de proximidade

Abel Caballero reivindica os mercados como espazos de confianza, produto de calidade e relación humana.

mércores, 20 mai 2026

Os mercados municipais de Vigo volverán converterse no epicentro da campaña internacional “Love Your Local Market”, unha iniciativa destinada a dinamizar o comercio de proximidade e reivindicar o valor dos mercados tradicionais como motor económico e social da cidade.

A campaña desenvolverase cunha ampla programación cultural que incluirá música, animación, presenza dunha mascota e reparto de agasallos, nun ambiente pensado para atraer á cidadanía e reforzar o vínculo cos mercados locais.

O alcalde destacou a importancia de apoiar este tipo de comercio pola súa capacidade para fortalecer a economía local e manter vivo o tecido comercial de proximidade. “Queremos que os mercados locais permanezan e sigan ao noso lado”, afirmou. Amais, puxo en valor a relación de confianza que se crea entre comerciantes e clientes nos mercados municipais. “Cando chegas ao teu mercado, a persoa que te atende xa sabe o que vas comprar, coñece os teus gustos e o que acostumas levar”, sinalou.

O rexedor avanzou que o Concello irá desenvolvendo actividades nos distintos mercados da cidade para seguir trasladando a mesma mensaxe: “Comprar no mercado local e no comercio de proximidade significa mellor produto a un prezo accesible”.

Descargar todas as imaxes