Escoitar

O rexedor anima á UB Lavadores e Planciber Seis do Nadal nas súas fases de ascenso

O alcalde recibiu este mércores aos dous equipos vigueses de balonmán feminino que esta fin de semana afrontan unha cita histórica para a cidade: o UB Lavadores e o Planciber Seis do Nadal disputarán en Vigo dous dos seis sectores de ascenso á División de Honra Prata, a terceira categoría estatal do balonmán feminino. O rexedor destacou a importancia deste momento para o deporte vigués e fixo un chamamento a toda a cidadanía para acudir os días 22, 23 e 24 de maio aos pavillóns de Lavadores e Coia e apoiar ás xogadoras nestas xornadas decisivas. “Toda a cidade está convocada para animar ás nosas xogadoras”, subliñou o alcalde.

mércores, 20 mai 2026
Descargar todas as imaxes