Entra en funcionamento o novo ascensor que une o Mar de Vigo co Castro

martes, 1 set 2026

O alcalde anunciou que este mércores se pon en marcha do novo ascensor de Juan Ramón Jiménez, que une Marqués de Valterra con Torrecedeira, concretamente o Auditorio Mar de Vigo co parque Camilo José Cela. É o segundo ascensor que une estas rúas e que forman parte do corredor mecánico que une a zona do mar co Castro.

Vigo pon en marcha mañá as novas ramplas mecánicas de Pintor Colmeiro

mércores, 26 ago 2026

O Concello de Vigo porá en funcionamento mañá as catro novas ramplas mecánicas de Pintor Colmeiro, unha vez completado o período de probas, os últimos axustes e os informes de seguridade. A actuación, cun investimento de 2,5 millóns de euros, permite salvar unha pendente do 10% e completa o corredor mecánico entre López Mora e Hispanidade iniciado coa posta en marcha das ramplas de Pintor Lugrís.