Fomento
A humanización de Lepanto completará a transformación da contorna de Vialia
martes, 24 xuñ 2025O alcalde participou hoxe na colocación da primeira pedra da obra de humanización da rúa Lepanto, que conta cun orzamento de 1 millón de euros e que supoñerá unha renovación “integral” desta vía.
Caballero anuncia 10 novas obras da ampliación do orzamento por valor de 9,8 millóns
martes, 24 xuñ 2025A ampliación do orzamento inclúe o reforzamento da estrutura da Praza do Rei para facer unha humanización de toda a praza “e poñela ao servizo da cidadanía” cun importe de 2,6 millóns de euros. Tamén o alcalde sinalou a humanización das rúas Mondariz, Soutomaior, Tomiño, Ronda de Don Bosco, Rosalía de Castro – entre República Argentina e Pontevedra –, mellora das instalacións do túnel de Beiramar, beirarrúas en Cesáreo Vázquez, o paseo da praia do Vao e a biblioteca de Teis.
O alcalde anuncia unha ampliación do orzamento de 6,1 millóns para 5 obras
luns, 23 xuñ 2025O aparcadoiro de Matamá, a humanización do ámbito de Progreso, a estrutura e peonalización do acceso á ermida da Guía, a humanización de Doutor Carracido e as escaleiras mecánicas de acceso ao parque Finca Matías. “Anunciarei outras 65 obras nos próximos días”, dixo Caballero.
As fontes de Aragón ilumínanse pola ELA e a FSHD
venres, 20 xuñ 2025O Concello súmase á conmemoración do Día Internacional da FSHD (Distrofia muscular facioescapulohumeral) tinguindo de cor laranxa as fontes da rúa Aragón este venres 20 de xuño. Na noite seguinte, a do sábado 21 de xuño, as fontes de Aragón ilumínanse de cor verde no Día Mundial da ELA, Esclerose Lateral Amiotrófica, a terceira enfermidade neurodexenerativa máis frecuente trala demencia e a enfermidade de Parkinson
O Goberno local remata a humanización de 14 vías da cidade
venres, 20 xuñ 2025O alcalde deu conta este venres da finalización dos traballos en varias parroquias viguesas dentro do plan de humanización de máis 350 rúas, que se completará coa ampliación do orzamento municipal.
Comezan as obras do ascensor entre Marqués de Valterra e Torrecedeira
xoves, 19 xuñ 2025Trátase dun segundo ascensor que discorre pola rúa Juan Ramón Jiménez e que forma parte do corredor entre a zona do Auditorio Mar de Vigo e Hispanidade. O alcalde tamén informou da pavimentación de varias rúas no barrio de Casablanca. En canto á vivenda, o Concello segue no desenvolvemento de solo para a edificación no ámbito de Alcabre.
O Concello adxudica a obra de substitución da cuberta do CEP Celso Emilio Ferreiro, sendo “obriga da Xunta de Galicia”
venres, 13 xuñ 2025O alcalde informou este venres que terá un custe de 577.382 euros e que se realizou polo procedemento de emerxencia.
O goberno local aproba a modificación do proxecto do ascensor entre Hispanidade e Romil
venres, 13 xuñ 2025A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde á modificación do proxecto das obras de humanización da Avenida da Hispanidade, entre Amor Ruibal e Feliciano Rolán, ao detectar o deterioro do muro de contención sobre o que ía sosterse o ascensor.
A renovada Praza do Balado gaña zona axardinada e espazo peonil
mércores, 11 xuñ 2025As obras de humanización da Praza do Balado supuxeron unha actuación en 720m2 que permitiu aumentar a zona para peóns. Ademais da renovación de redes, luminarias ou pavimentos, o Concello ampliou a zona axardinada mantendo a árbore de gran porte do renovado espazo.