Escoitar

O goberno local investirá 400.000 euros na mellora dos accesos de 4 centros educativos

O alcalde deu conta esta mañá do avance de varias actuacións en diferentes centros educativos da cidade. Concretamente abordaranse traballos en catro colexios cun orzamento de 400.000 euros.

martes, 10 feb 2026
Foto de arquivo do alcalde durante unha visita á EEI Vila Laura
Foto de arquivo do alcalde durante unha visita á EEI Vila Laura

O Concello segue traballando na mellora das instalacións educativas coa aprobación inmediata de catro proxectos de actuación que se elevan aos 400.000 euros. O primeiro deles é a rehabilitación do peche da parcela do CEIP Mestres Goldar, de 124.000 euros; a mellora dos accesos ao Vila Laura conta cun orzamento de 107.000 euros; a reparación do muro de contención do colexio Mosteiro Bembrive suporá un investimento de 159.000 euros; mentres que a reparación do muro do CEIP Emilia Pardo Bazán comezará de xeito inmediato.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Descargar todas as imaxes