Escoitar

O alcalde anima a participar no XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego organizado coa Uvigo

As facultades de Enxeñería Industrial e de Minas acollerán os próximos días 24 e 25 de febreiro a vixésimo sexta edición do “Foro Tecnolóxico de Emprego” organizado pola Universidade de Vigo e o Concello para fomentar a relación entre estudantes e empresas. O alcalde e varios estudantes que están na organización do foro animaron hoxe ao alumnado a participar nas actividades previstas, entre as que destacan entrevistas rápidas, “speed-recruting”, entre empresas e a mocidade.

martes, 10 feb 2026

Abel Caballero destacou a iniciativa que propicia o contacto entre a “excelencia formativa” de Vigo e os axentes sociais e as empresas.

“O talento tecnolóxico de Vigo é excepcionalmente importante e fai que nestes momentos esteamos a abrir unha fábrica de microchips fotónicos e a decisión de INDRA de aumentar a súa posición en Vigo”, destacou.

O alcalde reiterou o seu apoio ao alumnado que participou hoxe na presentación da nova edición do “Foro Tecnolóxico de Emprego”. Como parte da organización explicaron que a XXVI edición do evento contará con talleres formativos, mesas redondas coa presenza de responsables de recursos humanos e profesorado, casetas de compañías e entrevistas rápidas con empresas. Animan tanto ao alumnado universitario como de formación profesional a participar nun foro que alcanza 26 anos de “éxito”.

Descargar todas as imaxes