Escoitar

O Goberno local adxudica a redacción do proxecto de derruba do antigo San Remo en Samil

Abel Caballero explicou esta mañá que “seguiremos coa rexeneración dunar, con máis praia, máis paseo e mellor situación de toda a praia de Samil”.

mércores, 11 feb 2026

“Estamos continuando coa transformación da praia de Samil”, comezou relatando o alcalde, explicando que o Concello adxudicou a redacción do proxecto de derrubamento do antigo local San Remo, situado no areal de Samil. “O espazo retornou ao Concello” tras rematar a concesión, e agora baixo a xestión directa deste espazo derribarase o edificio.

“A partir de aí empezaremos nalgún momento con todo o proceso da reforma da segunda fase de Samil”, aclarou Caballero, afirmando que “a primeira fase foi o éxito do século. Está dando a volta ao mundo, está sendo excepcional”. Caballero amosou a intención de continuar a transformación da contorna, “seguiremos coa rexeneración dunar, con máis praia, máis paseo e mellor situación de toda a praia de Samil”.

Descargar todas as imaxes