O alcalde reuniuse coa organización do XIII Congreso Nacional da Asociación Española de Vacunología
Abel Caballero reuniuse este mércores co xefe de servizo do Servizo de Medicina Preventiva da área Sanitaria de Vigo, Víctor del Campo, e coa doutora Victoria Nartallo, para abordar a organización do XIII Congreso Nacional da Asociación Española de Vacunología, que se celebrará en Vigo en outubro deste ano. “Situando no seu lugar ás vacinas, unha prioridade sanitaria e social” é o lema da cita da asociación que reúne a pediatras, médicos de familia, microbiólogos, preventivistas, veterinarios, enfermeiros, farmacéuticos e biólogos.