mércores, 7 xan 2026
O Nadal de Vigo “bate récords” cunha ocupación hoteleira dun 87% de media na fin de semana do 3 e 4 de xaneiro. Caballero valorou estas cifras tendo en conta que tradicionalmente a ocupación nestas datas apenas se achegaría ao 10%.
mércores, 7 xan 2026
O alcalde presentou este mércores o oitavo encontro de rondallas da cidade que reunirá no pavillón municipal de Navia ás agrupacións de Beade, Bembrive, Valladares e Zamáns.
luns, 5 xan 2026
O alcalde recibiu a Melchor, Gaspar e Baltasar, que chegaron á cidade este luns, para repartir ilusión entre as nenas e nenos da cidade que "son os mellores e as mellores do mundo", tal e como apuntou Caballero. A Avenida de Castelao en Coia acolleu pola mañá a cabalgata estática que recibiu numerosas visitas de familias e, pola tarde, a cabalgata tradicional partirá da Praza de América, percorrendo Álvaro Cunqueiro e Camelias ata finalizar na Praza do Bicentenario. Posteriormente, o alcalde entregará as chaves da cidade ás Súas Maxestades de Oriente para facilitarlles a entrega de regalos nos domicilios vigueses.
martes, 18 nov 2025
O Concello avanza cos preparativos para recibir na cidade ás Súas Maxestades de Oriente na tarde do luns 5 de xaneiro. As nenas e nenos nacidos entre 2013 e 2017 poden participar na cabalgata como paxes reais.
martes, 11 nov 2025
O Concello avanza na organización do Entroido de 2026, que terá lugar do 12 ao 22 de febreiro, coa aprobación das bases da convocatoria pública para seleccionar as propostas dos espectáculos artísticos que terán lugar na Porta do Sol, así como en distintos emprazamentos da cidade.
venres, 31 out 2025
Unha intervención artística de Mercedes Lence tingue o emblemático monumento coas cores de Palestina como símbolo do compromiso de Vigo. Trátase do peche artístico e solidario do programa “Gaza. Entre o horror e a esperanza”.
martes, 21 out 2025
O alcalde anunciou que esta tarde comezará a funcionar o reloxo da conta atrás para o inicio do Nadal, cunha pantalla situada diante do MARCO. Este ano, dixo, hai maior expectación que nunca debido ás campañas publicitarias nacionais que usan as luces de Nadal como reclamo porque “Vigo ten un importante tirón neste momento”.
xoves, 16 out 2025
“Damos luz verde a uns concertos únicos no mundo”, avanzou o alcalde este xoves, ao dar conta da publicación da convocatoria pública para seleccionar un mínimo de dez espectáculos para o vindeiro verán.
martes, 30 set 2025
O goberno de Vigo vén de recibir unha nova sentenza que nega a inactividade municipal en relación ao control de ruído durante as festas de Nadal da campaña 2022-2023.
venres, 6 xuñ 2025
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a programación de Nadal 2025-2026 que supón o inicio do traballo das diferentes áreas involucradas na organización do Nadal que é “unha marca da cidade e ten impacto na economía viguesa”.