luns, 2 xuñ 2025
A aprobación do novo planeamento urbanístico foi un dos fitos destacados polo alcalde de Vigo na presentación do seu balance de xestión. Este documento permitirá a construción de 15.000 vivendas sometidas a algún tipo de protección e duplicará as zonas verdes da cidade.
martes, 6 mai 2025
O alcalde anunciou que se enviou unha carta ao conselleiro de Emprego ante a desconformidade coa valoración da Xunta, que se outorga 31,4 millóns e 1,6 ao Concello. “Tómanos o pelo”, dixo Caballero.
venres, 2 mai 2025
O alcalde informou que a Xunta de Goberno aprobou a convocatoria e as bases reguladoras do programa ao que poderán acollerse as entidades que tiñan contratado persoal desde agosto do ano 2024 ata o 31 de xullo de 2025.
venres, 25 abr 2025
A Xunta de Goberno aprobou este venres tamén as bases de selección do programa “Vigo emprega” que permitirá a contratación de 75 persoas durante 9 meses e as subvención de 91500 euros para as entidades sen ánimo de lucro que traballan a prol da igualdade.
xoves, 20 feb 2025
O programa municipal apoia a empresas e persoas traballadoras empadroadas no Concello de Vigo co fin de mellorar a súa situación laboral. As axudas outorgaranse en concorrencia competitiva cun importe de 242.000 euros.
luns, 20 xan 2025
A Xunta de Goberno aprobou as bases e a convocatoria da terceira fase da Oferta de Emprego Público 2020, 2021 e 2022 con 19 prazas de funcionario de carreira e 1 de persoal laboral.
luns, 20 xan 2025
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a prórroga do contrato de servizos de formación dos programas municipais de emprego.
mércores, 8 xan 2025
Os organizadores do Salón do Automóbil xa están traballando na edición do ano que vén, cando este certame cumprirá 35 anos. Caballero anunciou a intención do goberno local de seguir cooperando con esta iniciativa dun sector económico e industrial no que Vigo é referente.
luns, 16 dec 2024
A Xunta de Goberno aprobou a convocatoria de emprego público para a Xerencia de Urbanismo na que haberá 8 prazas de acceso libre e 3 de promoción interna. Estas prazas súmanse ás 62 xa aprobadas na OPE de 2024, polo que serán un total de 73 postos de emprego público no Concello de Vigo.
venres, 8 nov 2024
O alcalde avanzou esta mañá a convocatoria de axudas para as empresas que contraten ao alumnado da novena edición de Vigo Capacita. O Concello xa ten en marcha unha nova iniciativa deste programa de emprego municipal iniciativa que permitirá formar outros 20 estudantes.