martes, 25 nov 2025
Abel Caballero participa este martes na II Gala de Premios VigoEmprende, o programa municipal de axuda e acompañamento a novos negocios ou empresas xa existentes de forma gratuíta.
luns, 24 nov 2025
Abel Caballero lamenta o engano da Xunta ao Concello na primeira valoración dos activos, onde o conselleiro de Emprego e Comercio atribuíu unha achega de 1,7 millóns do Concello e 31,4 millóns do goberno autonómico. Agora, sete meses despois, a Xunta volve facer unha taxación unilateral na que modifica estas cantidades e suma 13,2 millóns máis ao Concello e resta 11 millóns á Xunta. Caballero avanza que o Concello pedirá na xuntanza do Padroado un taxador neutral e acordado.
xoves, 20 nov 2025
Abel Caballero saudou este xoves ás 75 persoas que ata xullo de 2026 se forman, dentro do programa municipal “Vigo Emprega”, en construccción, albanelería, electricidade, condución, pintura, carpintería de aluminio, carpintería de madeira, construción e xardinería, e que realizan obras de interese do Concello. “En Vigo necesitamos profesionais con formación e esta é unha magnífica ocasión para incorporarse ao traballo” , afirmou Abel Caballero dirixíndose aos profesionais en formación.
martes, 21 out 2025
Abel Caballero eloxiou esta mañá o traballo de Empresarias Galicia durante o IX Congreso Acción e Implicación. Durante a súa intervención, trasladou o orgullo da cidade por contar con eventos que promoven a visibilización do talento feminino e reiterou que Vigo é un exemplo de emprendemento para o resto do mundo. Entre as ponentes do congreso figuran a atleta paralímica Desirée Vila; a produtora de Vacafilms, Enma Lustres, ou directivas de firmas como Fujitsu, CLUN ou IKEA.
luns, 13 out 2025
Abel Caballero e Carmela Silva asistiron este luns á entrega de diplomas ao alumnado do programa de emprego de garantía xuvenil que se desenvolveu na cidade. Orientados a persoas desempregadas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos de idade, os obradoiros naceron co obxectivo de mellorar a empregabilidade deste colectivo a través da adquisición de competencias para o emprego e experiencia profesional, realizando obras ou prestando servizos de interese xeral. As persoas participantes acadaron os certificados de profesionalidade na área de Deseño gráfico e multimedia e na de Xestión e dinamización de empresas.
venres, 26 set 2025
Caballero cifrou en 256 as persoas beneficiadas das políticas de emprego local. 84 delas foron contratadas ou melloraron a súa situación laboral mentres que 172 traballadores e traballadoras formarán parte do cadro de persoal de entidades sen ánimo de lucro de Vigo. A Xunta de Goberno tamén aprobou subvencións a clubs que fomenten o deporte feminino.
luns, 25 ago 2025
Abel Caballero debullou os datos do programa de asesoramento a emprendedores do último ano no que se rexistraron máis de 900 asistencias personalizadas.
xoves, 24 xul 2025
A Xunta de Goberno aprobou tamén este xoves as bases da convocatoria das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, das feiras que fomentan a contratación de traballadores.
martes, 22 xul 2025
O Goberno Municipal renovou por un ano o servizo de asesoramento a pequenas e medianas empresas da cidade. Expertos, cunha experiencia de ata 6 anos, apoian aos emprendedores no desenvolvemento dos seus proxectos empresariais. O contrato ascende a 146.383 euros.
venres, 13 xuñ 2025
A Xunta de Goberno de Vigo aprobou hoxe a convocatoria para cubrir os 75 postos da oferta de traballo do “Plan Municipal de Emprego” de 2025, que ten un presuposto de 1.375.000 euros. “Un plan que durante nove meses permitirá dar capacitación profesional a 75 persoas para que continúen a súa vida laboral en empresas a través da súa propia iniciativa”, destacou Abel Caballero.