Caballero anuncia unha “gran” Cabalgata de Reis Magos

martes, 2 xan 2024

O azul do mar e a fantasía impresas en cada unha das carrozas, desde onde as súas maxestades os Reis Magos poboarán o día 5 de xaneiro a ilusión de nenos e maiores, configuran a “gran” Cabalgata de 2024, coa que Vigo volve superarse “. Así o anunciou este martes Abel Caballero ao lembrar que a comitiva real, que leva por título “Mar e Fantasía”, conta con 5 “espléndidas” carrozas municipais, e que desde o Concello estase “atento” á previsión meteorolóxica, xa que a situación “pinta complicada” pola mañá, e un pouco mellor a últimas horas da tarde. Adiantou que a hora de saída da Cabalgata móbil mantense provisionalmente ás 6 da tarde, coa posibilidade de aprobar cambios entre o mércores e o xoves, en función de como evolucione a previsión de choiva.

Caballero: “Vigo é un dos grandes destinos turísticos de España e Europa”

martes, 12 dec 2023

Os datos oficiais de ocupación do aeroporto rexistrados en novembro, o cuarto con mellores resultados de 2023, “confirman a Vigo como un dos grandes destinos turísticos de Europa e de España”. Así o asegurou este martes Abel Caballero ao indicar que o mes pasado o aeródromo rexistrou unha ocupación de voos do 78,75 por cento, superando en 3.5 puntos ás cifras de outubro.