Escoitar

100.000 luces led iluminarán a gran árbore de Nadal da Porta do Sol

O Concello iniciou este xoves os traballos de montaxe da estrutura que albergará a árbore do Nadal na Porta do Sol que medirá 44 metros de altura e será a principal referencia do “gran bosque” que encherá de luz e color a praza.

xoves, 9 out 2025

O alcalde visitou esta mañá a instalación da árbore de Nadal da Porta do Sol “a máis importante deste planeta”. Mide 45 metros de altura, está coroada por unha estrela de 9 metros e medio, ten 13 metros de diámetro e pesa 20 toneladas. Caballero explicou que a árbore contará con 100.000 luces led, con moita densidade o que permite facer o xogo de imaxes e luces na súa estrutura, que ten unha construción técnica “complexa”.

“O mellor Nadal que se fixo nunca en ningún lugar do mundo”, avanzou o rexedor, cunha iluminación con “gusto e calidade” no que a Porta do Sol volverá ser un gran bosque coa instalación de 10 árbores de luces de entre 8 e 10 metros de altura que aumentarán “o espectáculo e a capacidade de xogo lumínico”.

A cidade contará este ano con case 12 millóns de luces led, instaladas en 460 rúas e prazas da cidade - o ano pasado eran 420- e case 7.000 motivos ornamentais instalados (1.161 arcos, 2.883 motivos e 2.667 árbores). O Nadal vigués contará con máis de 50 unidades de elementos lumínicos 3D, co Belén Monumental en Casa das Artes, coa Casa de Papá Noel e do Carteiro Real e numerosos puntos de interese.

Caballero convidou a todo o mundo a que visite Vigo este Nadal e que “reserven” a súa estadía aínda que non avanzou a data do acendido porque é “o segredo mellor gardado deste planeta”.

 

Descargar todas as imaxes