Escoitar

Caballero reitera o apoio municipal ás persoas con problemas de saúde mental e ás súas familias

Abel Caballero avogou este xoves por tratar as doenzas da saúde mental como o resto de enfermidades, así como a non estigmatizarlas. Fíxoo durante a clausura do programa organizado pola Asociación DOA no Auditorio Municipal con motivo do “Día Mundial da Saúde Mental”. Reafirmou o apoio do Concello aos enfermos e ás súas familias. “Podedes contar connosco”, asegurou.

xoves, 9 out 2025
Descargar todas as imaxes