Escoitar

A fortaleza do Castro acolle o domingo a representación gratuíta da obra cómica-musical "¿Por que Vigo?"

O patio de armas da fortaleza do Castro será escenario este domingo 12 de outubro da representación para todos os públicos da obra histórica-cómica-musical “¿Por que Vigo? 1719”, con Felipe V e Isabel de Farnesio como protagonistas. Enmarcada no programa municipal de posta en valor da fortaleza, a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, anima a gozar “dunha tarde extraordinaria de teatro”.

venres, 10 out 2025

A historia de Vigo volverá subirse aos escenarios da fortaleza do Castro coa representación programada para este domingo, a partir das cinco e media da tarde, da obra sobre o conflito bélico, que enfrontou a España e Inglaterra, e contou con Felipe V e Isabel de Farnesio como principais responsables de que Vigo fose invadida e asediada pola forza polos ingleses en 1719.

A entrada para asistir á representación que segue o modelo das interpretacións do século XVIII é gratuíta ata completar o aforo.

A obra, ideada por Davide González e Iria Pinheiro, traslada ao escenario un acontecemento histórico real cun tratamento cómico e musical.

A tenente de alcalde, Carmela Silva, ademais de animar a asistir á representación, destaca o programa de actividades creadas pola concellería de Cultura para poñer en valor a Fortaleza, entre as que se atopan, visitas guiadas e virtuais, ademais das xornadas anuais teatralizadas.

 

Descargar todas as imaxes