Escoitar

Comezan as visitas escolares ao Concello para coñecer o funcionamento da administración

O alcalde recibiu este luns, no Salón de Plenos do Concello, a 50 alumnos de 5ª de Educación Primaria do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que participan nas visitas escolares do programa "Visita o teu Concello". Caballero explicou aos primeiros participantes do novo curso que o obxectivo é achegar o funcionamento da administración municipal aos escolares, a importancia do traballo que se realiza todos os días desde o Concello para garantir a prestación de servizos esenciais e para promover a cultura e atender ás persoas con necesidades.

xoves, 9 out 2025
Descargar todas as imaxes