A Avenida de Madrid incorpora unha rotonda á altura do Seminario para dar fluidez ao tráfico
Esta rotonda, situada á altura do Seminario, comezará a funcionar de xeito eventual para darlle fluidez á circulación. A dimensión deste novo elemento dependerá da marcha do tráfico.

O Concello vén de implementar unha nova rotonda provisional no acceso á Avenida de Madrid -á altura do Seminario – dentro do proceso de remodelación desta arteria da cidade. Trátase, explicou o rexedor, dunha proba para observar o seu funcionamento aproveitando a fase de obras.
Segundo detallou, realizarase unha monitorización e estudo dos fluxos de tráfico diarios para calcular con exactitude cal ten que ser a dimensión da rotonda. A Avenida de Madrid converterase nun gran bulevar de entrada á cidade cunha medianeira verde.