venres, 10 xul 2026
A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación que ascende a 610.000 euros. “Xa estamos cos contratos e co deseño do novo Nadal, que é o que fai que Vigo estea no mundo e que nos proporciona turismo , marca de cidade, nome e admiración en toda Europa”, apuntou o rexedor.
mércores, 18 feb 2026
Abel Caballero destacou que Vigo lidera a comunidade en número de visitantes segundo datos do INE medidos a través da telefonía móbil.
venres, 2 xan 2026
O alcalde avanzou este venres a data de apagado da iluminación da cidade, mentres a programación continúa e, este sábado, a Porta do Sol acolle o espectáculo “O tamborileiro do Nadal”, cunha previsión media de ocupación hoteleira de case o 75% para a fin de semana.
venres, 2 xan 2026
Caballero explicou que a cidade repetirá o sistema de “dúas cabalgatas”; a matinal será estática, na Avenida Castelao, e pola tarde en movemento, partindo dende alí ata a Praza do Bicentenario. As carrozas evocarán a “maxia e fantasía”.
xoves, 11 dec 2025
O alcalde e o director xeral de Avanza, Valentín Alonso, presentaron a campaña de promoción da imaxe de Vigo e do Nadal en autobuses interurbanos e de liñas de longo percorrido entre Madrid, Valencia e Segovia.
xoves, 11 dec 2025
Será o segundo desfile do Nadal, que esta vez sairá desde a rúa peonil do Calvario e rematará no farol de Urzáiz. Actuarán as rondallas de Beade, Valadares, Zamáns e Bembrive.
martes, 9 dec 2025
O Nadal atraeu a milleiros de turistas que encheron os hoteis ao 90% ao longo dos tres días.
mércores, 3 dec 2025
Abel Caballero explicou a ocupación hoteleira de novembro sinalando que “case a metade dos visitantes internacionais proveñen de Portugal”.
luns, 1 dec 2025
O rexedor destacou, tras a elevada ocupación da fin de semana, que “seguimos sendo a gran cidade do Nadal de España” na que “temos un número elevadísimo de visitantes dos nosos irmáns portugueses”.
xoves, 27 nov 2025
A boa ocupación hoteleira esténdese a outros municipios da provincia, que segundo os datos de FEPROTUR chegarán ao 95% en Cangas, 87% en Sanxenxo, 80% en Pontevedra, 79% en Baiona e o 76% en O Porriño e Redondela. Abel Caballero destacou a boa afluencia turística non só no Nadal, senón durante todo o ano con máis de medio millón de turistas segundo os datos móbiles rexistrados polo INE durante os primeiros nove meses de 2025. “Isto significa riqueza a emprego”, afirmou.