29 novos axentes da Policía Local celebraron hoxe o acto de xuramento á Constitución
O acto comezou co paso de revista e rematou coa xura e o brindis de honor. O voceiro do Goberno, José Manuel Figueroa, desexoulles aos axentes un traballo "profesional, digno e honesto".
Os 29 novos axentes da Policía Local celebraron hoxe no Concello o seu acto de xura da Constitución e maila entrega de diplomas da Academia Galega de Seguridade. Seguindo o protocolo, o acto comezou co paso de revista a cargo do voceiro do grupo de Goberno, José Manuel Figueroa.
A continuación, os novos axentes xuraron a Constitución sobre un volume de grandes dimensións e beleza propiedade do Concello. Un a un, os xoves axentes xuraron ou prometeron cumprila posando a man sobre a reliquia. Trala entrega dos diplomas de honor aos dous axentes máis destacados da Academia, o concelleiro José Manuel Figueroa pronunciou unhas palabras.
No seu discurso, o voceiro popular afirmou que "a Policía Local é o reflexo de que unha cidade quere ser". José Manuel Figueroa explicou que "a Policía non ten unha cor política, ten a cor dos cidadáns" e o único que se lles pode pedir e "compromiso cos cidadáns e profesionalidade". O concelleiro rematou o discurso desexándolles aos axentes un traballo "digno e honesto".
Ao finalizar o acto, os axentes romperon filas e celebraron nas dependencias do Concello un brindis de honor acompañados xa polos seus familiares.