Noites Vivas ofrece actividades para aprender e divertirse
O programa Noites Vivas da Concellería de Xuventude oferta unha chea de actividades nas que poder participar de forma gratuíta. Esta iniciativa representa unha boa ocasión para aprender e divertirse na compaña dos amigos nas noites dos venres e dos sábados.
A variada oferta do programa Noites Vivas fai posible adquirir novos coñecementos en materias que van da cociña italiana ás artes marciais, pasando pola cestería, os deportes, os xogos de mesa ou os bailes latinos. Ademais da propia aprendizaxe, esta iniciativa reporta momentos de diversión cos amigos os venres e sábados pola noite. O programa de actividades é o seguinte:
O venres
- No Centro Xuvenil Municipal (rúa Uruguai, 9) haberá obradoiros de cociña italiana, de velas aromáticas, selfservice de coiro e chapas, acceso a internet e sala de xogos.
- No Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) impartiranse bailes de salón e breakdance, e como deportes pachanga nocturna, musculación e squash.
- Na Asociación Xuvenil Cancerbero (Heraclio Botana, 6) xogaranse partidas de estratexia e de xogos de mesa coma o Risk ou o Carcassonne.
- Na Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia (rúa Marín 1) cociñaranse pizzas e tamén se poderá acceder a internet.
- A Asociación Veciñal Doutor Fleming (rúa Zamora, 80) porá en marcha un obradoiro de pendentes, un torneo de xogos en rede, acceso a internet e unha sala multiusos para quedar cos amigos e ver vídeos, tomar té, xogar ás cartas, etc.
Para o sábado, o programa Noites Vivas reserva os seguintes espacios:
- Centro Xuvenil Municipal (rúa Uruguai, 9) con dous obradoiros principais, un de cociña onde se elaborarán receitas a base de chocolate, e outro de abalorios. Tamén se poderán realizar obradoiros libres (selfservice) de globoflexia e cestería ou acceder a internet.
- Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) impartirá bailes latinos, Aikido, que é unha arte marcial xaponesa, un obradoiro de reflexoterapia, pachanga nocturna, musculación e squash.
As actividades desenvólvense entre as 22:00 e as 2:00 horas, segundo o espacio, puidéndose consultar máis información na Casa da Xuventude, no 986 294 806 ou na web www.xuventudevigo.org