Escoitar

A formación continua "on line" para emprendedores, un proxecto clave da Mancomunidade para a capacitación deste colectivo

O día 29 de novembro a Mancomunidade do Área Intermunicipal celebrou no Concello a presentación do proxecto piloto de formación continua "on line" para emprendedores. O proxecto é unha peza fundamental na capacitación profesional da figura do emprendedor, sumándose á política formativa que a Mancomunidade ven desenrolando durante o último ano.

xoves, 2 dec 2004

Os principais responsables da iniciativa amosaron os contidos da plataforma electrónica, utilizando exemplos ilustrativos, así como as ventaxas que ofrece a formación on line na aplicación das técnicas básicas de xestión empresarial. Neste senso destaca a idoneidade das TICs (Tecnoloxías de Información e Comunicación) para incrementa-la utilidade dos cursos, facilitando a aprendizaxe do alumno, a súa disponibilidade e a cobertura formativa institucional. Outro punto destacado é a facilidade de acceso á plataforma, que orixina a configuración dunha Comunidade Virtual entre os emprendedores do proxecto piloto.

É unha iniciativa do Proxecto Compás da Mancomunidade do Área Intermunicipal de Vigo coa colaboración das entidades privadas Vértice e-learning e OBZ Desenrolo Local.

O Proxecto Compás, que finalizará en decembro de 2004, enmarcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de lucha contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través do deseño e do desenrolo de ferramentas e recursos concretos que melloren a ocupabilidade das persoas desempleadas do área metropolitana de Vigo.