Escoitar

A ampliación do túnel de Beiramar estará aberta ao tráfico o próximo sábado

Os concelleiros José Manuel Iglesias e Antonio Coello explicaron as actuacións relacionadas coa seguridade nos novos tramos, que estarán abertos o sábado ás catro da tarde.

mércores, 1 dec 2004
1101911574trafico.jpg
Os concelleiros de Servicios Xerais e Mobilidade e Seguridade, José Manuel Iglesias e Antonio Coello, xunto co enxeñeiro de Tráfico do Concello, Benjamín Collado, explicaron hoxe os pormenores relacionados coa seguridade da "Prolongación do túnel de Beiramar e o seu enlace coa AP-9".

O túnel de Beiramar, de 1.200 metros de lonxitude, tiña unha alta densidade de tráfico pesado, cuns 1.300 camións de densidade media. A actuación consistiu nunha prolongación de 900 metros, dos que aproximadamente 400 son cubertos, e unha nova vía de 120 metros ata a AP-9 que é obra de Fomento.

A IMD de vehículos no antigo túnel de Beiramar era de 14.804 no sentido Berbés-Areal, dos que o 7,6% corresponde a vehículos pesados, e de 20.039 no sentido Areal-Berbés cun 3,4% correspondente a vehículos pesados.

Respecto ás instalacións de seguridade que levarán os novos tramos, o antigo túnel de Beiramar contaba con 11 cámaras de seguridade. O novo tramo de Beiramar levará 5 cámaras e o túnel de Fomento, 7 cámaras. Respecto aos grupos semafóricos, o vello túnel de Beiramar levaba 11 grupos, o novo tramo levará outros 11 e o tramo de Fomento, 5 grupos.

En canto a postes de S.O.S. o túnel de Beiramar contaba con 13; o novo tramo levará outros 8 e o de Fomento 6 postes. Os detectores de gálibo serán 2 por parte do antigo túnel e outros 2 por parte do novo tramo municipal. As sinales de límite de velocidade variable eran 8 no antigo túnel e 4 máis na ampliación.

No que se refire a puntos de medida, o túnel de Beiramar tiña 8, 6 a nova ampliación e 3 máis o túnel de Fomento. A cantidade final de sinais ocultas será de 3 no antigo túnel, 6 no novo tramo, e 1 no de Fomento. En canto a saídas de emerxencia, o túnel tiña 2, o novo tramo aportará unha máis e outra o de Fomento.

Os ventiladores que finalmente terá o túnel serán 36: 18 no antigo túnel, 8 no novo tramo e 10 máis no de Fomento. Os detectores de opacidade serán de 3, 2 e 2 respectivamente, mentres que os detectores de CO serán de 3 no antigo túnel, 2 na ampliación e 4 no túnel de Fomento.

Estas novas instalacións, que garanten os mínimos que esixe Seguridade Vial, "melloran substancialmente a vía que antes existía, tanto no seu uso comercial como persoal, e resulta vital para o desenrolo comercial e turístico da cidade nos próximos anos", afirmou o concelleiro Antonio Coello.

En canto a posibles aglomeracións na glorieta de Julián Estévez, que conta xa cun tráfico importante cara a Teis, o concelleiro dixo que se terán que axustar moi ben os tempos dos semáforos que regulan esa zona.
En canto á instalación dun radar, Antonio Coello remitiuse ao informe que os técnicos de Tráfico están a elaborar e que será levado á Comisión do luns para ser estudiados polo equipo de Goberno, e que incluirá a conveniencia dun radar, así como outros elementos como poden ser os semáforos ou as bandas. Aínda así, Antonio Coello incidiu en que o control da velocidade na cidade é un tema que require unha acción "pertinaz e rigorosa" por parte da súa concellería, como está sucedendo, e que a velocidade permitida no túnel será a normal para un tramo urbano de 50 km por hora.

A inauguración dos novos tramos será o sábado ao mediodía e estes estarán abertos ao tráfico a partir das catro da tarde.
Descargar todas as imaxes