As ludotecas municipais amplían o seu horario nas festas de Nadal
As ludotecas municipais abrirán polas mañás entre as 10,30 e as 13,30 horas debido ás vacacións de Nadal. As ludotecas teñen previsto un amplo programa para estas datas, tales como a creación dun belén, a elaboración de adornos e postais e outras actividades do nadal.
As ludotecas municipais teñen preparado o seu programa especial de Nadal cun horario más amplo, debido ás vacacións dos rapaces, e multitude de novas actividades. Así, nas ludotecas de Coia e da Casa da Xuventude, dende o día 27 de decembro ata o mesmo 5 de xaneiro, exceptuando os festivos e os días 24 e 31, estas dependencias abrirán pola mañá de 10,30 a 13,30 horas. Na de Coia, situada no mesmo Pavillón de deportes desta zona de Vigo, dedicarán bastante tempo a adornar e realizar a ambientación de Nadal, con árbore e todo. Pero hai tempo para os xogos e a diversión, incluso celebrarase unha peculiar batalla de "copos de neve", concursos de postais, beléns con material de refugallo e panxoliñas. Tempo tamén para o amigo invisible, sorteo dunha cesta de nadal e ata un bingo de reis.
Na ludoteca da Casa da Xuventude farase unha profunda investigación sobre Papa Noel, historia, lenda, costumes, pero todo xogando e fabricando, entre outras cousas, os regalos, as postais para enviar ás outras ludotecas, o buzón máxico e miles de sorpresas máis. Tempo tamén para a risa cos xogos de pega do día dos Santos Inocentes, e como non, a festa de fin de ano con actuacións, baile, xogos e ata badaladas especiais de lacasitos.
Lavadores, na Asociación de veciños de Cabral, conta tamén con outra ludoteca ben preparada para o Nadal, que aparte das tradicionais decoracións coma o belén ou a árbore, tamén fabricarán un calendario moi especial do que colgarán regalos, doces e premios para os usuarios e usuarias afortunadas... Nas tardes dedicaranse uns minutos á lectura de contos de nadal e haberá tempo para a realización dun obradoiro conxunto entre pais ou nais e nenos ou nenas.
Na Ludoteca do Calvario, situada na rúa Sagunto funciona a ludoteca Hoy por Mañana, por onde tamén vai pasar o Nadal, e se ben todos decoran, aquí van construír un enorme boneco de neve despois de presenciar unha curiosa nevada. Nesta ludoteca agardan a visita de Papa Noel o xoves día 23. En fin de ano festa para todos, eso sí, con vestidos e complementos elaborados nos obradoiros, badaladas con uvas e "cava".
Na Ludoteca de Coruxo, situada no colexio Tintureira, tentaremos viaxar por estas datas sen que nos afogue a febre consumista e sen perdernos nos repletos centros comerciais. Como actividades haberá unha árbore de Nadal de refugallo, o belén da "ludo", adornos de Nadal, postais artesás, únicas e orixinais e maila elaboración e degustación de alimentos do Nadal.