venres, 3 decembro 2004

A pintura de Antonio Heredero exponse na Casa das Artes

venres, 3 dec 2004

O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, acudiu hoxe á inauguración da exposición "Luz e cor", do pintor Antonio Heredero. O acto, que tivo lugar na Casa das Artes, contou cunha grande asistencia. A exposición permanecerá aberta ata o próximo 9 de xaneiro.

Xunta de Goberno Local

venres, 3 dec 2004

Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 7 de decembro de 2004, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.