luns, 16 dec 2024
O alcalde deu a coñecer este luns o percorrido da cabalgata tradicional que repite o itinerario da pasada edición. A cabalgata estática poderá visitarse durante a mañá na Avenida de Castelao. As carrozas evocarán os “Contos de Nadal”.
martes, 3 dec 2024
Vigo protagonizará o luns 9 de decembro o sorteo da ONCE. A iniciativa que difundirá a imaxe da rúa do Príncipe a través dos 5 millóns de cupóns que saen á venda foi destacada polo alcalde durante o acto de presentación da iniciativa na que participaron o responsable en Galicia da Organización Nacional de Cegos, Manuel Martínez Pan, e o director da delegación de Vigo, Roberto Gaspar. "Como está Vigo no cupón vaise vender o nunca visto", chanceou Abel Caballero.
luns, 2 dec 2024
A afluencia turística na cidade volveu ser destacar a pasada fin de semana cun nivel de ocupación media dun 89%. Caballero confirmou, ademais, que o tráfico foi fluído, sen que se rexistraran problemas de mobilidade no centro da cidade.
venres, 15 nov 2024
Este sábado ás 20 horas da tarde, a Porta do Sol, convertida nun “gran bosque de Nadal”, será o escenario do acendido da iluminación da cidade que poderá seguirse en directo a través da web municipal. O alcalde celebra que o Nadal estea presente en soportes publicitarios de Nova York, París, Roma ou Londres: "Vigo xa ocupa un lugar excepcional no mundo".
xoves, 14 nov 2024
As persoas que queiran vivir o acendido na Porta do Sol este sábado 16 ás 20 horas deberán acceder á praza, que terá un aforo de 7.000 persoas, desde Doutor Cadaval, Carral, Policarpo Sanz ou Príncipe. Instalarase unha pantalla no Farol de Urzáiz e outra en Policarpo Sanz para seguir o acto. O acceso para persoas de mobilidade reducida á zona reservada deberá facerse por Doutor Cadaval
martes, 12 nov 2024
O alcalde deu conta este martes dos detalles do Plan de Autoprotección que garantirá a seguridade do acto de acendido da iluminación de Nadal da cidade, que se celebra este sábado ás 8 da tarde. Haberá unha pantalla con emisión en directo do acto no Farol de Urzáiz e outra en Policarpo Sanz
luns, 11 nov 2024
Abel Caballero deu conta esta mañá do arranque do Plan de Mobilidade de Nadal que comezará co acto do acendido do alumeado previsto o sábado 16 de novembro, ás 20,00h. Os días considerados de máxima afluencia e os cambios na circulación normal cos itinerarios alternativos poderán consultarse na páxina web municipal.
mércores, 6 nov 2024
O alcalde avanzou esta maña que o acto, previsto ás 20,00 horas, “será diferente, con menos festa, máis sobriedade por respecto a Valencia” explicou Caballero. Este ano o Nadal de Vigo chegará ás principais cidades de España e do mundo en forma de 826 mupis.
mércores, 23 out 2024
O goberno local deseñou unha autorización especial de acceso para residentes da zona central do Nadal. Trátase dunha tarxeta que permite o acceso a garaxes e domicilios e que poderá solicitarse na páxina web municipal a partir do próximo luns 28 de outubro.
martes, 15 out 2024
O alcalde avanzou esta mañá que a Casa das Artes volverá acoller o xa tradicional Belén de Nadal que este ano contará con 50 m2 máis de exposición. O Goberno local adxudicou esta montaxe á Agrupación Belenista La Morana cun importe de 192.461 euros para as campañas de 2024 e 2025.