Concello e ADIF firman o convenio para a cesión dos terreos destinados a nova Senda Verde

mércores, 18 abr 2018

O alcalde avanzou este mércores que o Concello de Vigo xa dispón do documento de cesión dos terreos para converter a vella vía férrea nunha nova senda verde para peóns e ciclistas. A Administradora de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) firmou o convenio para que a zona pase a ser de titularidade municipal e poida inicia a construción dun novo "espazo de encontro" para os vigueses.