O Pleno aproba o Orzamento municipal con 47,9 millóns para investimentos para 2025

luns, 23 dec 2024

A Corporación Municipal de Vigo aprobou hoxe definitivamente o décimo oitavo presuposto consecutivo do goberno presidido por Abel Caballero, cos votos a favor do Grupo Municipal Socialista e a oposición dos edís do PP e do BNG. As novas contas ascenden a 334.615.975,51 millóns de euros, dos que 47,9 millóns destinaranse a investimentos. “Levo 18 anos de alcalde e 18 orzamentos consecutivos aprobados. É a estabilidade, que a cidade segue o seu progreso e avance", afirmou o alcalde.

O Concello pechará 2024 coa maior licitación de obras de todas as cidades de Galicia

luns, 28 out 2024

O Concello pechará 2024 coa execución de investimentos por valor de 50 millóns de euros do capítulo VI do Orzamento Municipal - investimentos-, liderando a licitación de obras sobre o resto das cidades galegas, segundo informou este luns no Pleno o concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros. O edil tamén destacou que Vigo mantense “á vangarda” dos municipios polo pago das facturas aos seus provedores en 8,5 días.