martes, 6 ago 2024
O alcalde adiantou a cifra, 10,5 millóns superior á do ano en curso. “Temos a certeza de aprobar o orzamento polo apoio da cidadanía á lista que eu mesmo encabezo e a miña candidatura e o goberno que conformo”, afirmou.
luns, 29 xul 2024
O grupo municipal socialista reprobou hoxe a actuación dos representantes electos do PP “por actuar en contra dos intereses xerais da cidadanía de Vigo e por xerar a perda de recursos públicos para o Concello por un importe de 50 millóns de euros”.
venres, 26 xul 2024
Abel Caballero explicou hoxe que a Xunta de Goberno acordou reclamar pola vía de constrinximento ao Concello do Porriño o pago do abastecemento da auga do ano 2023, que, sumada á anterior xa recoñecida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ascende a preto de 6 millóns de euros.
mércores, 24 xul 2024
Abel Caballero tildou o voto do Partido Popular como “un golpe tremendo á cidade” e esixe explicacións ao PP de Vigo sobre “por que votaron en contra dos intereses de Vigo poñendo por enriba os do seu partido”.
martes, 23 xul 2024
Abel Caballero expuxo este martes o seu rexeitamento á intención do goberno autonómico de subir o prezo da recollida dos residuos sólidos na cidade e de retirar a bonificación que aplicaba polo fomento da recollida selectiva.
martes, 23 xul 2024
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, deu luz verde este martes ao expediente de ampliación para acometer diferentes obras na cidade.
martes, 9 xul 2024
A administración local paga aos provedores nun prazo medio de 7,45 días. “A cidade de España que máis pronto paga ás empresas que prestan servizos”, afirmou o alcalde.
mércores, 19 xuñ 2024
Abel Caballero puxo en valor este mércores a xestión municipal na área de Facenda cualificando a Vigo como un concello “gran pagador” xa que aboa as facturas aos provedores nun período medio de 9 días e mantén “débeda cero”.
martes, 4 xuñ 2024
A capital viguesa acolle os próximos días 12 e 13 de xuño ‘Galicia Biodays’, o foro de referencia da industria
biotech do Espazo Atlántico Europeo organizado por Bioga. O encontro internacional recibirá a máis de 1.000 asistentes e xa ten programados 600 encontros para que os protagonistas do sector das ciencias da vida xeren negocios e desenvolvan novos proxectos
luns, 27 mai 2024
O goberno municipal de Vigo garante que o Concello mantivo en 2023 o máximo control dos gastos municipais coa fiscalización “plena”, en prazo, e cumprindo coa legalidade, de “todos” os expedientes. “Comprobamos que o feito é o contratado”, afirmou este luns o concelleiro de Orzamento e Facenda, Jaime Aneiros, na sesión en que os edís dos grupos municipais do PSOE e do BNG votaron a favor da moción socialista para instar á Xunta a que desconxele e aumente a asignación que mantén con Vigo desde fai dez anos, de 6 millóns, con cargo ao Fondo de Cooperación Local-Participación nos ingresos da administración galega.