O alcalde aborda coa hostalería da cidade o fin da emerxencia sanitaria

venres, 22 out 2021

Nun encontro con representantes do sector, Caballero trasladoulles que o Concello aplicará “na súa totalidade” as normativa sanitaria establecida pola Xunta co desexo de que “se relaxe a situación e se recuperen aforos e horarios. Cremos que ten que actuarse con criterio de relaxación das normas e baixaremos as restricións todo o que a Xunta nos permita”. Con todo, apelou á prudencia da cidadanía viguesa que o “está facendo moi ben”.

Abel Caballero esixe á Xunta protocolos adaptados á “nova normalidade”

luns, 4 out 2021

O alcalde demandou á Xunta de Galicia que amolde a normativa Covid á actual situación sanitaria, que en Vigo roza os rangos da chamada “nova normalidade”. Así, require regulamentos distintos no transporte urbano, na hostalería, no deporte non federado e tamén nos centros deportivos. Precisamente Caballero reuniuse este luns con responsables da Asociación de Empresas Xestoras de Instalacións Deportivas de Galicia.