Escoitar

O Concello xa pode iniciar a licitación da escola infantil da Praza da Industria

O goberno municipal vén de recibir a autorización para o proxecto de construción do novo centro educativo para o que solicitará á Xunta de Galicia que achegue os fondos do programa Next Generation que recibiu do Goberno de España.

luns, 4 out 2021
Abel Caballero en rolda de prensa
Abel Caballero en rolda de prensa

O alcalde amosouse “encantado” coa nova escola infantil ao explicar en rolda de prensa este luns que o Concello poderá iniciar xa o proceso de licitación da obra de construción do centro da Praza da Industria, logo de recibir a autorización ao proxecto por parte do goberno autonómico. A escola contará con entre 41 e 73 prazas, en función das quendas de mañá e tarde, co que poderá dar servizo a entre 60 e 65 familias.

Caballero amosou a súa vontade de que a nova escola sexa “pagada por Europa”, dado que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno recolle no punto 21 que se poden dedicar recursos de Europa á creación de prazas en escolas infantís co fin de reducir desigualdades, “pero o Goberno de España xa transferiu os fondos de escolas infantís á Xunta polo que lle solicitaremos que aplique os recursos dos Next Generation EU para construír a escola na praza da Industria”. Engadiu o rexedor o goberno municipal remitirá tamén a información ao Goberno de España para que saiba que “Vigo quere que se asignen recursos a esta escola” cos fondos que a Xunta recibiu do Goberno de España chegados de Europa.

Descargar todas as imaxes