venres, 20 mar 2020
O goberno local non vai tramitar ningunha das 353 multas da XER que se impuxeron desde a entrada en vigor do estado de alarma. Hoxe xa está en vigor a suspensión da Xestión do Estacionamento Regulado.
mércores, 18 mar 2020
Abel Caballero anunciou este mércores que máis de 400 vigueses xa están rexistrados no servizo de voluntariado posto en marcha para atender a persoas vulnerables. Nos vindeiros días, desde a Oficina de Voluntariado contactarán con todos eles para repartir traballos, que poden ir desde acompañamentos á compra ou o médico a chamadas de teleasistencia.
mércores, 18 mar 2020
Anunciada este mércores por Abel Caballero, a proposta vai dirixida a rendas inferiores aos 300 euros per cápita e forma parte do sexto paquete de medidas municipais contra a crise do coronavirus. Tamén de ámbito social, o Concello promove un programa de acompañamento telefónico para paliar os efectos de illamento nas persoas da terceira idade
mércores, 18 mar 2020
Os profesionais sanitarios que realicen servizos domiciliarios terán uso preferente de prazas de carga e descarga, segundo anunciou esta mañá o rexedor. Tamén deu conta da suspensión da XER a partir do venres, 20 de marzo.
martes, 17 mar 2020
Abel Caballero anunciou este martes que todas as persoas sen teito foron reacollidas durante as últimas horas en pensións e hoteis da cidade. Ademais, informou de que os procedementos administrativos foron suspendidos, incluídos os de becas de inglés e escolas infantís.
luns, 16 mar 2020
O Concello dálle prioridade aos maiores, un dos colectivos máis vulnerables, e desenvolverá un servizo para que a través do 010 poidan ser atendidos con persoal especializado. Unha vez máis, o alcalde solicitou a cidadanía que permaneza na casa.
luns, 16 mar 2020
Logo dunha nova reunión este luns da comisión de seguimento do coronavirus, Abel Caballero informou destes peches ante a afluencia de xente e adiantou que todas as persoas sen teito están xa realoxadas en pensións, co que non foi preciso habilitar pavillóns municipais ao efecto.
domingo, 15 mar 2020
O Concello de Vigo acorda o peche do parque de Castrelos, o paseo de Samil, as praias da cidade, así como os espazos dentro da muralla do Castro. Habilitaranse pavillóns e pensións para as persoas sen teito.
venres, 13 mar 2020
Abel Caballero anunciou este venres novas medidas para combater a pandemia do COVID-19. Así, avanzou que firmou unha resolución na que aumenta as medidas destinadas a minimizar o risco de contaxio, como suspender a Festa da Reconquista ou pechar os parques infantís.
xoves, 12 mar 2020
Abel Cabellero deu conta esta mañá de novas medidas de contención do coronavirus que están organizadas desde un comité de seguimento permanente presidido polo propio alcalde. O Concello cancela todas as actividades e programación de todos os departamentos municipais que non sexan imprescindibles.