Escoitar

O Concello non tramitará as denuncias da XER impostas desde a entrada en vigor do estado de alarma

O goberno local non vai tramitar ningunha das 353 multas da XER que se impuxeron desde a entrada en vigor do estado de alarma. Hoxe xa está en vigor a suspensión da Xestión do Estacionamento Regulado.

venres, 20 mar 2020

O alcalde avanzou esta mañá que o Concello non cursará ningunha multa da XER (Xestión do Estacionamento Regulado) imposta desde o pasado 14 de marzo, cando entrou en vigor o estado de alarma. Deste xeito, non se vai tramitar ningunha das 353 multas impostas desde ese momento. Hoxe venres, recordou, xa está en vigor a suspensión deste servizo, unha vez que o goberno local comprobou que a rotación do estacionamento era pouco significativa.

Por outra banda, a Policía Local tramitou 7 denuncias que afectan 52 personas por contravenir o decreto de alarma. Algunas destas sancións son por pasear ou estar na rúa sen xustificación e outras dúas son por festas ou reunións organizadas en casas particulares con máis de vinte persoas encada unha delas.