Escoitar

O Concello reserva zonas en carga e descarga para os sanitarios que prestan servizos domiciliarios

Os profesionais sanitarios que realicen servizos domiciliarios terán uso preferente de prazas de carga e descarga, segundo anunciou esta mañá o rexedor. Tamén deu conta da suspensión da XER a partir do venres, 20 de marzo.

mércores, 18 mar 2020
Sen xornalistas na rolda de prensa do alcalde
Sen xornalistas na rolda de prensa do alcalde

Abel Caballero anunciou esta mañá a reserva de prazas de aparcamento para os profesionais sanitarios que prestan servizos domiciliarios. Estas prazas non poderán ser usados por particulares nin sequera nos días festivos, advertiu o rexedor.

Nun audio enviado aos medios, tamén deu conta da suspensión da Xestión do Estacionamento Regulado (XER) mentres dure o estado de alarma, unha medida que empezará a ser efectiva o venres 20 de marzo (dado que mañá e festivo). Explicou que o Concello adopta esta decisión unha vez comprobada a escasa rotación nas rúas reguladas pola XER e, polo tanto, a escasa demanda de aparcamento. En todo caso, Caballero explicou que esta suspensión suporá que o Concello teña que resarcir economicamente á empresa concesionaria, un custo que terá que asumir toda a cidade desde as arcas municipais.

Así mesmo, o alcalde constatou que o servizo de atención ás vítimas de violencia de xénero permanece operativo de xeito non presencial. Todas as consultas pódense facer a través do teléfono do Centro municipal de información dos dereitos da muller (teléfono 986293963 e no mail info.muller@vigo.org).

Descargar todas as imaxes