O Concello destina case 52.000 euros a becas de comedor escolar de emerxencia
O alcalde deu conta esta mañá de que xa se están realizando pagos de emerxencia a familias en risco de exclusión social que teñen nenos que nestes momentos non están acudindo ao colexio e, polo tanto, non comen no comedor escolar. En concreto, o Concello abonará 50 euros por cada estudante a 1.033 familias.