Escoitar

O alcalde fai un novo chamamento á responsabilidade cidadá para non saír de casa

O Concello dálle prioridade aos maiores, un dos colectivos máis vulnerables, e desenvolverá un servizo para que a través do 010 poidan ser atendidos con persoal especializado. Unha vez máis, o alcalde solicitou a cidadanía que permaneza na casa.

luns, 16 mar 2020
O alcalde mantivo este luns unha xunta de voceiros da FEMP por videoconferencia
O alcalde mantivo este luns unha xunta de voceiros da FEMP por videoconferencia

O alcalde deu conta está mañá de que o Concello está a implementar un plan para atender aos maiores que están sen axuda nas súas casas, sexan ou non usuarios de teleasistencia. Nun audio enviado a todos os medios, o rexedor avanzou que a prioridade é asegurar a asistencia domiciliaria aos maiores que carecen de apoio na súa casa. As persoas que precisen deste servizo deberán solicitalo a través do 010 e serán atendidas por persoal especializado.

Logo de tomar decisións como pechar parte do Castro, Castrelos ou as praias, con fin de fomentar que a xente quede nas súas casas, o alcalde fixo un novo chamamento á responsabilidade cidadá para que se extremen todas as medidas de precaución.

Entre outras moitas accións, Caballero explicou que desde o Concello se contactou coas superficies e tendas de alimentación para que no interior non coincidan máis persoas das debidas para poder manter as distancias de seguridade. Novamente, o rexedor insistiu en transmitir unha mensaxe de "tranquilidade e moita, moita precaución".

Descargar todas as imaxes