O goberno de Vigo duplica a asignación ao Banco de Alimentos e adquire material de protección para os Bombeiros

mércores, 8 abr 2020

A Xunta de Goberno Local reúnese este xoves de forma telemática e, segundo adiantou este mércores Abel Caballero, prevé ampliar o convenio co Banco de Alimentos para asignarlle outros 40.000 euros máis ao ano. Ademais, adxudicará o subministro de elementos de protección para o equipo de Bombeiros encargado da desinfección.

Os Bombeiros de Vigo desinfectan cada día os ambulatorios con bombas urbanas lixeiras e de alta presión

martes, 7 abr 2020

O alcalde explicou que o equipo de Bombeiros dedicado á desinfección diaria de centros de saúde e espazos sanitarios está composto por cinco profesionais, equipados con traxes antisalpicadura, equipos autónomos de respiración, casco, luvas e botas, e operan con dúas bombas urbanas lixeiras, outra de alta presión e mochilas eléctricas.

O Concello concede 500 becas de comedor máis e as axudas xa chegan aos 300.000 euros

martes, 7 abr 2020

Abel Caballero informou este venres de que o Concello aprobou a concesión de outras 500 becas de comedor e que as axudas de emerxencias, condedidas desde o inicio da crise do Covid-19, xa chegan aos 300.000 euros. Ademais, Benestar Social incorporou a outros tres traballadores para facer fronte ao incremento de traballo. “Non establezo ningún límite de gasto en cobertura social”, apuntou.