Escoitar

O Concello concede 500 becas de comedor máis e as axudas xa chegan aos 300.000 euros

Abel Caballero informou este venres de que o Concello aprobou a concesión de outras 500 becas de comedor e que as axudas de emerxencias, condedidas desde o inicio da crise do Covid-19, xa chegan aos 300.000 euros. Ademais, Benestar Social incorporou a outros tres traballadores para facer fronte ao incremento de traballo. “Non establezo ningún límite de gasto en cobertura social”, apuntou.

martes, 7 abr 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este martes que o Concello aprobou a concesión de 500 novas becas de comedor para familias que a solicitaron e que o montante de este tipo de achegas xa é de 1.533.

“Non vamos a deixar a ningún sen axuda, non establezo ningún límite de gasto en cobertura social”, apuntou o rexedor nunha videconferencia cos medios de comunicación. Segundo explicou, o total das axudas de emerxencias entregadas polo goberno local xa superan os 3.000 beneficiarios e os 300.000 euros.

Ademais, o alcalde apuntou que no día de onte, luns, realizáronse dúas comisións, unha delas extraordinaria, para aprobar ditas axudas. “Estase a levar a cabo un traballo ímprobo”, sinalou.

Comidas e pavillóns

Pola súa banda, a cociña do albergue municipal de Marqués de Valterra xa repartiu, desde o 16 de marzo, un total de 4.240 menús, entre os almorzos, comidas e ceas do propio albergue, do pavillón do Berbés e do servizo a domicilio. Tamén está a pleno rendemento o novo cátering contratado, cun importe de 28.000 euros, para reforzar “a gran labor” que realizan os comedores sociais.

O alcalde insistiu en que o Concello xa ten preparado un novo pavillón para persoas sen fogar e que no Berbés (cun custe de 40.000 euros) houbo a pasada noite un total de 45 persoas, o que unido ao albergue, á Fundación Santa Cruz e aos acollidos en pensións e hostais suman un total de 140 persoas.

Descargar todas as imaxes